Mecanismos de acción social

 

Mecanismo de acción social Concello de Monforte de Lemos

Os habitantes de Monforte de Lemos teñen a posibilidade de beneficiarse dunha tarifa bonificada para familias numerosas. Sobre a cota íntegra das familias numerosas aplicarase unha dedución do 50% e rexerase polo disposto nos artigos 23 e 24 do Regulamento do coeficiente de vertido e canon da auga, sendo a Administración tributaria competente para establecer o modelo normalizado de solicitude e para a súa recepción, tramitación e resolución. A Xunta de Galiza tramitará o expediente e comunicará a Aqualia a súa resolución.


Os interesados en solicitar a tarifa bonificada e que cumpran os requisitos establecidos no «Canón da Auga: (Ente Público Augas de Galicia): DOGA 249 do 31 de decembro de 2013». Deberán achegar a documentación requirida polo Ente Público Augas de Galicia na seguinte ligazón:

 https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=AU&codProc=230I&procedemento=AU230I


SOLICITUDE DE CUOTA ESPECIAL BENÉFICA

Suxeitos pasivos beneficiarios da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA). Para gozar desta exención deberán acreditar o cumprimento das condicións que motivan a súa concesión e a solicitude deberá ser comunicada polos Servizos Socias do Concello.


A exención quedará sen efecto cando desaparezan as circunstancias persoais que a motivaron. Aboarán, nos usos domésticos, consumos entre 0 e 10 metros cúbicos, por bimestre, tarifa mínima, por metro cúbico a 0,0475 €. O consumo mínimo considérase cota xeral para todos os abonados e os consumos entre 0 e 10 metros cúbicos. 


Os interesados en solicitar a tarifa bonificada e que cumpran os requisitos establecidos no “B.O.P de Lugo, no 299 – Sábado 31 de decembro de 2022” deberán dirixirse a Servizos Socias do Concello de Monforte de Lemos.

 

Real decreto lei 1/2021, do 19 de xaneiro, de protección dos consumidores e usuarios ante situacións de vulnerabilidade social e económica

De conformidade co Real decreto lei 1/2021, do 19 de xaneiro, de protección dos consumidores e usuarios ante situacións de vulnerabilidade social e económica, o prestador do servizo de auga pon a disposición dos usuarios a solicitude de acreditación da vulnerabilidade.

É necesario acreditar a situación de vulnerabilidade presentando este formulario cubrido correctamente xunto coa documentación requirida no documento e presentalo nas oficinas de Atención ao Cliente da empresa subministradora de auga ou cárgueo a través desta páxina web.

O Bono Social enmárcase no firme compromiso que a empresa subministradora de auga adquire cos concellos nos que presta servizos para ofrecer as mellores solucións, tanto técnicas, sociais como ambientais, en beneficio dos cidadáns.