Noticias
Aqualia inaugura sus nuevas oficinas en Redondela
-
Nas novas oficinas do Servicio Municipal de Auga e Saneamento de Redondela, os profesionais ofrecen un servizo mais cercano nun ambiente totalmente colaborativo no que se eliminan as barreiras visuais
-
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, expresou a súa satisfacción polas novas instalacións “máis accesibles, modernas e eficientes”

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, xunto o director da Delegación Galicia de Aqualia, Javier García, acompañados por representantes institucionais e da empresa concesionaria da auga na cidade, inauguraron o pasado venres 24 as novas oficinas do Servizo Municipal de Auga e Saneamento, ubicadas no centro de Redondela ( Rúa Xeneral Rubín, 6).
Tras unha visita polas novas instalacións, Javier García destacou a excelente colaboración co Concello e puxo o foco no valor da alianza público-privada coma motor do desenvolvemento das cidades achegando as xestións presenciais dende as antigas oficinas da rúa Poeta Mendiño 1, ó centro da cidade.
Pola súa parte a Alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, mostrou a súa satisfacción polas novas instalacións, máis accesibles, modernas e eficientes, destacando a transparencia tanto nas infraestruturas como na xestión diaria de atención ó cidadán.