Noticias

Filtro Noticias
Filtro de búsqueda

Os desenvolvementos tecnolóxicos de FCC Aqualia protagonistas no Congreso IWA 2014

17/09/2014

Os desenvolvementos tecnolóxicos de FCC Aqualia protagonistas no Congreso IWA 2014

A organización dun workshop, as presentacións orais, catorce posters científicos, e a participación nun panel e nunha sesión plenaria evidencian a súa forte presenza nun dos eventos internacionais mais importantes do sector

 

Os desenvolvementos tecnolóxicos de FCC Aqualia protagonistas no Congreso IWA 2014

FCC Aqualia será unha das empresas protagonistas na edición deste ano do Congreso Internacional da IWA (International Water Association) que nesta ocasión celebrarase en Lisboa, entre o 21 e o 26 de setembro. A empresa terá unha activa participación en todo o programa técnico ademais de contar cun stand de 42 m2 na zona principal da área de exposición.

Para FCC Aqualia o evento é de singular importancia, non só por tratarse dun dos encontros internacionais de referencia no sector, senón tamén por celebrarse en Portugal, onde presta o seu servizo en cinco municipios, moi comprometida co desenvolvemento da xestión local. Para Jesús Rodríguez, delegado de FCC Aqualia en Portugal, “o feito de que este evento se celebre en Lisboa é unha gran noticia para nós. Estamos moi comprometidos co traballo que realizamos nos servizos en Portugal, prestando a nosa axuda e apoio tecnolóxico na xestión pública do servizo”.

En IWA, os profesionais de FCC Aqualia terán unha presenza moi activa no programa técnico. O director de Innovación e Tecnoloxía de FCC Aqualia, Frank Rogalla, e a xefa de proxecto Elena Maneiro coordinan a organización do workshop “Resource recovery: resources of the future”; José Ramón Vázquez, xefe de proxecto de I+D exporá a investigación desenvolvida na depuradora de Vigo cun reactor anaerobio de membranas que duplica a capacidade. Pola súa banda, o investigador Nicolás Morales, exporá os últimos avances do proxecto ELAN®, que reduce notablemente a enerxía necesaria para desenvolver o proceso de depuración.

Ademais, FCC Aqualia, en colaboración coas Universidades de Santiago de Compostela, Cádiz; Alcalá de Henares; Politécnica de Valencia; Complutense de Madrid; Valladolid; e xunto con IMDEA Water e Likuid Nannotek; presentará 14 posters científicos sobre os avances dos diferentes proxectos de I+D que desenvolve con estas institucións. Finalmente, a empresa estará presente na sesión plenaria “Social dimensions of Water Management innovations at scale” e participará no panel “Investing in CleanTech - Opportunities and Impacts”.


Doutra banda, o encontro será unha excelente oportunidade para facer chegar os proxectos que está a desenvolver FCC Aqualia, a súa maneira de xestionar e a súa filosofía de traballo aos máis de 5.000 profesionais que se esperan acudan a este evento internacional.

FCC Aqualia é a compañía de xestión da auga de FCC, un dos principais grupos europeos de Servizos Cidadáns. FCC Aqualia traballa en máis de 1.100 municipios e opera máis de 200 estacións de tratamento de auga potable e máis de 300 depuradoras en 19 países: España, Italia, Portugal, República Checa, Polonia, Rumanía, Montenegro, Bosnia, México, Perú, Chile, Argelia, Egipto, Emiratos Árabes Unidos, Sudáfrica, Arabia Saudí, Túnez, China e Uruguay.

Actualmente, FCC Aqualia está implicada en 20 proxectos de investigación, moitos dos cales contan con cofinanciación da Administración española ou da Unión Europea (7ºPM, LIFE+, Eco-Innovación, etc…). Entre as liñas de traballo que a compañía desenvolve, destaca a relacionada cunha xestión máis intelixente e sustentable do ciclo integral da auga.