Mellorando o futuro

A compañía lidera accións que fomentan a innovación tecnolóxica e a optimización de procesos.

Como mostra do seu compromiso, Aqualia incrementa cada ano o orzamento dedicado a I+D+i. As principais áreas de actuación son:

  • Mellora na calidade dos tratamentos- Especialmente en desalación, reutilización de efluentes e lodos, augas de abastecemento, e elementos de detección, medida e transmisión de datos.Como exemplo, o proxecto MBR en Vigo: desenvolvemento de novos procesos de reuso dos efluentes urbanos en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, 3R e o Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
  • Sustentabilidade- Traballando na redución dos custos de enerxía, lodos de depuración como recursos e tratamentos alternativos.Unha mostra destes proxectos, é a planta piloto de microalgas en Arcos de la Frontera, realizado en colaboración coa Universidade de Cádiz, Iberdrola e Bio-Oil, e dedicada a avaliar a fotodepuración con algas e a produción de biomasa de valor.
  • Xestión integral- No que o principal obxectivo é a optimización de sistemas de xestión.Neste sentido, un exemplo é o proxecto de modelización da rede de distribución en Denia, para detectar e minimizar perdas físicas e de enerxía.