Visión estratéxica
Vision estrategica
Unha compañía única
ExpandirO obxectivo social de Aqualia é a obtención da auga, a súa adaptación ao consumo, a súa distribución e tratamento posterior, para finalmente devolvela á natureza en cantidade e calidade axeitadas, facendo un uso eficiente e sustentable dos recursos e materiais empregados en todo o proceso.
A estratexia de Aqualia está orientada cara ao cliente final, cunha especial atención á calidade do produto subministrado. Por iso, a compañía centra os seus esforzos en asegurar que a auga que chega ao usuario teña a máxima calidade, o que se garante a través das exhaustivas análises realizadas nos laboratorios da compañía.
Outro dos piares estratéxicos é a proximidade co cliente, para o que Aqualia puxo en marcha un sistema multicanle que proporciona unha total interactividade das canles de comunicación (presencial, telefónica e Internet).
Responsabilidade Social Corporativa
ExpandirA nosa visión
- Garantir un comportamento íntegro, honesto e transparente
- Estender os valores corporativos a toda a cadea de valor
- Manter un diálogo activo e dar resposta aos grupos de interese
Aqualia entende a Responsabilidade Corporativa (RC) coma o desenrolo dun modelo de negocio que ademais de achegar valor á compañía e de garantir a necesaria rendibilidade e competitividade, contribúa de xeito activo ao progreso da sociedade, e xere a confianza e o respaldo entre os seus principais grupos de interese: Administracións Públicas, organizacións, medios de comunicación, usuarios, provedores, empregados e a sociedade en xeral.
A compañía toma como punto de partida para o despregue do seu modelo os principios de actuación do Grupo FCC ao que pertence: conexión cos cidadáns, desenrolo de servizos intelixentes e comportamento exemplar da compañía e todos os seus membros.
Innovación e proximidade ao cliente
ExpandirA nosa visión
- Ofrecer o mellor servizo acorde ás necesidades dos cidadáns
- Asegurar a máxima calidade da auga e do servizo prestado
- Apostar pola transparencia na información ofrecida aos usuarios
- Manter a aposta pola innovación e as novas tecnoloxías
As actuacións de Aqualia durante o ano 2015 estiveron orientadas cara ao cliente final, cunha especial atención á calidade das canles de comunicación.
A total interactividade destas canles (presencial, telefónica, internet) permite ao cliente decidir en todo momento por que canle quere comunicarse e ver atendidas as súas necesidades en tempo real.
Asemade, a empresa mantén un forte compromiso cos cidadáns para mellorar constantemente a calidade do servizo ofrecido, aplicando un control exhaustivo sobre todas as súas actividades e traballando na mellora da calidade da auga subministrada e no desenrolo de proxectos innovadores que supoñen avances no servizo e a sustentabilidade do mesmo.
As persoas: O noso maior valor
ExpandirA nosa visión
- Fomentar o desenrolo do potencial humano
- Fortalecer unha cultura que propicie as condicións axeitadas para mellorar o clima da organización baseado no respecto mutuo e no traballo en equipo
- Asegurar o compromiso coa diversidade e coa igualdade de xénero
- Garantir un entorno de traballo seguro e saudable
Aqualia desenrolou catro liñas de actuación principais na área de Recursos Humanos: o desenrolo profesional, a comunicación interna, a saúde laboral e a igualdade e diversidade.
Xestión ambiental sustentable
ExpandirA nosa visión
- Manter o compromiso polo coidado do medio ambiente e a loita contra o cambio climático
- Apostar polo desenrolo sustentable cos medios para reducir o impacto ambiental
- Xestionar eficientemente todos os recursos naturais e en especial a auga
- Sensibilizar á sociedade sobre a importancia de facer un uso responsable da auga
Aqualia recoñece o valor económico, social e, sobre todo, ambiental da auga, o principal elemento da actividade da organización; por iso, un dos seus fins principais é que a xestión deste recurso se leve a cabo con especial coidado e respecto medioambiental para conseguir a sustentabilidade da entorna.
Para asegurar o cumprimento deste obxectivo, a compañía considera estratéxico implantar no seu traballo diario unhas boas prácticas ambientais, así como desenrolar actuacións orientadas á correcta xestión ambiental da súa actividade como son a compensación da Pegada de Carbono, o control do consumo enerxético e a difusión da importancia da Pegada Hídrica, entre outros.
Ao servizo da sociedade
ExpandirA nosa visión
- Integrar o compromiso social en todas as decisións da compañía
- Contribuír ao desenrolo dos municipios onde se opera
- Lograr que os cidadáns nos perciban como unha compañía que achega valor ao seu municipio
- Implicar aos empregados nas causas sociais mediante a participación en actividades deportivas, culturais e formativas
Máis alá da xestión do ciclo integral da auga, Aqualia puxo en marcha durante 2015 accións orientadas a conectar coa poboación cuxo principal protagonista sexa o cidadán, achegando valor e respondendo ás necesidades da sociedade actual e adiantándose ás que serán as necesidades da sociedade do futuro.
Actividades que fomenten a sensibilización da poboación en xeral e dos máis mozos en particular, cuxo obxectivo é garantir a sustentabilidade deste recurso tan prezado. Asemade, a empresa centrouse no seu apoio ao deporte e aos colectivos máis vulnerables e necesitados.