
Ciclo integral
A auga é un gran tesouro que podemos atopar na nosa contorna: no mar, nos ríos, nos pantanos… pero para que chegue ata as nosas casas, escolas, parques, industrias… e podérmola beber, lavarnos con ela, nadar na piscina, ver medrar as flores do xardín… cómpre que a auga siga un proceso coidadoso. Ese é o labor de Aqualia e invitámoste a descubrir aquí, con máis detalle, as fases deste apaixonante ciclo.
Orixe e procedencia da auga
Captacións
Operador: Aqualia (CIF A26019992)
Propietario: Concello de Vigo
O Concello de Nigrán compra a totalidade da auga do abastecemento ao Concello de Vigo. A auga captada no encoro de Zamáns (CÓDIGO SINAC 2.527) é conducida ata a ETAP de Nigrán unha tubaxe de fundición dúctil de 500 mm de diámetro e 11 km de lonxitude.
Tratamento de auga potable
Operador: Aqualia (CIF A26019992)
Propietario: Concello de Nigrán
Toda a auga subministrada é tratada na Estación de Tratamento de Auga Potable de Nigrán (CÓDIGO SINAC 1.924), o caudal de deseño é de 200 l/s.
Os procesos unitarios de tratamento son os seguintes:
- Desinfección (en uso)
- Ozonización (extraordinaria)
- Corrección de pH (extraordinaria)
- Coagulación-floculación (extraordinaria)
- Decantación (en uso)
- Filtración con leito filtrante (en uso)
- Desinfección (en uso)
Recloración no Depósito de Parada.
Depósitos
Operador: Aqualia (CIF A26019992)
Propietario: Concello de Nigrán
A rede de distribución de Nigrán está formada por 3 depósitos, dos cales 2 son semisoterrados (Depósito de cabeceira de Nigrán e Depósito de distribución de Parada) e 1 é superficial (Depósito de distribución Priegue) todos estes son de formigón e teñen unha capacidade de almacenamento de 17.300 m3.
Nome | Capacidade (m3) | Código SINAC | Tipo |
---|---|---|---|
Depósito de cabeceira de Nigrán | 15.000 | 4617 | Semisoterrado |
Depósito de distribución de Parada | 500 | 33790 | Semisoterrado |
Depósito de distribución Priegue | 1.800 | 4618 | Superficial |
Redes de distribución
Xestor: Aqualia (CIF A26019992)
Propietario: Concello de Nigrán
A rede de distribución denomínase Rede de Nigrán (Rede NIGRÁN-ZA NIGRÁN - Código SINAC 20.307). Trátase dunha rede ramificada de aproximadamente 187,3 quilómetros de tubaxes de fundición, polietileno e PVC.