
Ciclo integral
A auga é un gran tesouro que podemos atopar na nosa contorna: no mar, nos ríos, nos pantanos… pero para que chegue ata as nosas casas, escolas, parques, industrias… e podérmola beber, lavarnos con ela, nadar na piscina, ver medrar as flores do xardín… cómpre que a auga siga un proceso coidadoso. Ese é o labor de Aqualia e invitámoste a descubrir aquí, con máis detalle, as fases deste apaixonante ciclo.
Orixe e procedencia da auga
Abastecemento
A Zona de Abastecemento de Redondela correspóndese coa numerada no Sistema Nacional de Augas Potables co número 17296, da que subministran distintos concellos, entre os que se atopa Salamanca.
Captacións
Operador: Aqualia FCC UTE Vigo (CIF U79820833)
Propietario: Concello de Vigo
- Encoro de Eiras
A principal captación do concello procede do Encoro de Eiras no río Oitavén. Do encoro parte unha canalización principal (canle de Eiras), desde a que saen derivacións cara ás seguintes instalacións:
- ETAP Quintela
- ETAP San Estebo
- Depósito de Río Frío
- Depósito de Cidadelle
Ademais, existen outros dous puntos de captación de auga mediante a compra de auga en alta do Concello de Vigo:
- Depósito de Cotogrande
Dispón dun contador no punto de entrega entre o límite do termo municipal e permite o abastecemento pola N-555 á parroquia de Villar.
- Depósito de Candeán
Dispón dun contador no punto de entrega entre o límite do termo municipal e permite o abastecemento ao barrio da Cidadelle.
Tratamento de auga potable
Operador: Aqualia FCC UTE Redondela (CIF U80627169)
Propietario: Concello de Redondela
O 63% da auga subministrada é tratada na Estación de Tratamento de Auga Potable de Quintela, a capacidade de tratamento é de 5184 m3/día (60 l/s).
- Código SINAC ETAP Quintela: 1910
- Código Nacional Instalación: 11400T10001910
O proceso de tratamento é o seguinte:
- Precloración - Desinfección (Cloro gas).
- Coagulación-Floculación (mediante adición de sulfato de aluminio ou coagulantes avanzados). Realízase nun carrusel previo ao decantador.
- Decantación.
- Filtración con area. Conta con 6 filtros abertos.
- Poscloración (Cloro gas). Antes da entrada no depósito de distribución de auga tratada.
- Acondicionamento do pH, mediante a adición de hidróxido sodio.
O 21% da auga subministrada recibe a cloración da auga bruta nos depósitos de distribución de Río Frío e Cidadelle.
- Código SINAC depósito Río Frío: 4556
- Código SINAC depósito Cidadelle: 4554
O 1% da auga subministrada trátase na Estación de Tratamento de Auga Potable de San Estebo con capacidade para tratar 600 m3/día (6,94 l/s).
O proceso de tratamento é o seguinte:
- Filtración con area en filtros pechados a presión.
- Poscloración con hipoclorito de sodio e almacenamento para distribución.
O 15% restante da auga subministrada adquírese en alta e recíbese xa clorada sen ningún tratamento posterior.
Depósitos
Operador: Aqualia FCC UTE Redondela (CIF U80627169)
Propietario: Concello de Redondela
A rede de distribución de Redondela está formada por 5 depósitos, dos cales 4 son superficiais (Quintela, Cidadelle, Río Frío, A Bruxa), 1 é semisoterrado (Outeiro de Penas), todos eles de formigón armado e outorgan unha capacidade de 7180 m3.
Nome | Capacidade (m3) | Código SINAC | Tipo |
---|---|---|---|
Depósito de Quintela | 2.800 | 4545 | Superficie |
Depósito de Cidadelle | 3.730 | 4554 | Superficie |
Depósito de Río Frío | 900 | 4556 | Superficie |
Depósito da Bruxa | 400 | 16823 | Superficie |
Depósito de Outeiro de Pena | 160 | 4557 | Semisoterrado |
Redes de distribución
Operador: Aqualia FCC UTE Redondela (CIF U80627169)
Propietario: Concello de Redondela
As diferentes redes teñen uns diámetros comprendidos entre 40 e 350 mm e unha lonxitude de 394 km:
- Cód. SINAC 2715 - REDE Quintela
- Cód. SINAC 2717 - REDE Cidadelle
- Cód. SINAC 2716 - REDE Río Frío
- Cód. SINAC 11164 - REDE A Bruxa
- Cód. SINAC 21209 - REDE N-555
- Cód. SINAC – REDE Parada