
Mecanismos de acción social do Concello de Nigrán
Información sobre mecanismo, destinatarios e requisitos
Os habitantes de Nigrán dispoñen da posibilidade de acollerse a unha tarifa bonificada para as familias numerosas. Aplicarase una dedución do 50 % sobre a cota íntegra de familias numerosas e rexerase polo establecido nos artigos 23 e 24 do Regulamento do canon de auga e coeficiente de descarga, sendo competente a administración tributaria para o establecemento do modelo normalizado de solicitude e para a súa recepción, tramitación e resolución.
A Xunta de Galicia tramitará o expediente e informará a Aqualia da súa resolución.
Documentación necesaria para solicitar a bonificación na tarifa
Os interesados en solicitar a tarifa bonificada e que cumpran os requisitos establecidos no «Artigo 11. Beneficios e exencións tributarias do BOP de Pontevedra N.º 250 do martes, 30 de decembro de 2014» deberán achegar a documentación requirida polo ente público Augas de Galicia na seguinte ligazón: Dedución no canon da auga, canon de xestión de depuradoras e canon de xestión da rede de colectores para familias numerosas.
Real decreto (lei) 1/2021, do 19 de xaneiro, de protección dos consumidores e usuarios fronte a situacións de vulnerabilidade social e económica
De acordo co Real decreto (lei) 1/2021, do 19 de xaneiro, de protección dos consumidores e usuarios fronte a situacións de vulnerabilidade social e económica, o prestador do servizio pon a dispor dos usuarios a solicitude de acreditación da vulnerabilidade.
Cómpre acreditar a situación de vulnerabilidade presentando este formulario correctamente cuberto xunto coa documentación requirida no documento e presentalo nas oficinas de Atención ao Cliente da empresa subministradora de auga ou ben cargalo a través desta web.
O Bono Social enmárcase no firme compromiso que a empresa subministradora de auga adquire cos concellos nos que presta servizo para achegar as mellores solucións, tanto técnicas coma sociais e ambientais, en beneficio dos cidadáns.