A hixiene é un dereito fundamental para todas as persoas, e comeza contigo: mediante o uso responsable do inodoro. Coidar dela significa coidarnos a nós mesmos, porque protexe a nosa saúde e a do planeta.
Verter certos produtos ou obxectos polo inodoro pode obstruír as tubaxes ou a infraestrutura que transportan a auga ás estacións depuradoras de augas residuais (EDAR).
Estas obstrucións dificultan o correcto funcionamento das estacións depuradoras e poden impedir que a auga se trate adecuadamente antes de ser devolta ao medio ambiente, co conseguinte dano aos ecosistemas.
Podes axudarnos?
E lembra...
Botar toalliñas e pelos ao WC contamina a auga e pode provocar atascos e roturas que encarecen a factura.
As toalliñas húmidas botadas ao WC custan aos europeos entre 500 e 1.000 millóns de euros ao ano
Un litro de aceite botado polo vertedoiro pode chegar a contaminar ata 1.000 litros de auga.
As graxas, medicamentos, cosméticos ou pinturas botados ao WC ou ao vertedoiro contaminan a auga e prexudican o medio ambiente
Fai que remate ben
Coloca unha papeleira no cuarto de baño. Prevén ata o 90% das incidencias nas redes de saneamento.