Aqualia en Exipto

Un consorcio liderado por Aqualia completou o deseño e a construción da planta depuradora de Abu Rawash situada no Cairo (Exipto) en 2022. A planta de Abu Rawash é unha das máis grandes do mundo e trata 1,6 millóns de m3 ao día, dando servizo a máis de 5,5 millóns de persoas.

O proxecto da planta de Abu Rawash foi finalista na categoría "Mellor Depuradora do Ano" (Wastewater Company of the Year) nos Global Water Awards que o prestixioso grupo británico GWI outorga cada ano. A empresa foi nomeada por contribuír á descontaminación do río Nilo e por ser un dos motores de desenvolvemento máis importantes no terceiro país máis poboado de África.

Ademais, en 2009 Aqualia adxudicouse o deseño, a construción, o financiamento e a xestión durante 20 anos da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de New Cairo, situada na capital de Exipto, cunha capacidade de 250 000 m3/d e o primeiro contrato adxudicado no país para un proxecto de colaboración público-privada. O valor total deste contrato, co que Aqualia presta servizo a máis dun millón de habitantes, contabilizouse en 482 millóns de dólares.

En 2019, Aqualia completou o proxecto da planta desalinizadora de El Alamein (Exipto), que produce 150 000 m3/día e contribúe notablemente a aliviar a escaseza de auga na parte central do Mediterráneo exipcio. Actualmente a compañía está a operar e manter esta instalación ata 2027.