Somos Aqualia
Aqualia é a empresa de xestión da auga participada polo grupo de servizos cidadáns FCC (51 %) e polo fondo ético australiano IFM Investors (49 %). A compañía é a cuarta empresa de auga de Europa por poboación servida e a novena do mundo, segundo a última clasificación de Global Water Intelligence (decembro de 2024).
Na actualidade presta servizo a máis de 45 millóns de usuarios e estamos presentes en 19 países: Alxeria, Arabia Saudí, Colombia, Chile, Exipto, Emiratos Árabes, España, Estados Unidos, Francia, Xeorxia, Xapón, Italia, México, Omán, Perú, Portugal, Qatar, República Checa e Romanía.
A compañía está situada como unha marca de referencia no sector nunha posición vangardista, especializada, transparente e innovadora, grazas a un equipo humano comprometido e con gran experiencia, que busca permanentemente a mellora da eficiencia nos procesos de produción e a optimización dos recursos cunha clara orientación cara ao cidadán.
Este xeito de traballar e os continuos avances en innovación e no uso de novas tecnoloxías, permitiulle consolidar o liderado no mercado nacional, que se materializa tamén no mercado exterior cunha estratexia ambiciosa pero prudente, definida para consolidarse internacionalmente. Se algo distingue a Aqualia é o papel que xoga o desenvolvemento sostible como parte consubstancial do seu modelo de negocio: conxugar a xeración dun beneficio social e a xusta rendibilidade da súa actividade pon á compañía nunha situación privilexiada no sector da xestión da auga.
O compromiso e responsabilidade cos concellos nos que Aqualia desenvolve a súa actividade non se limita unicamente á prestación do servizo senón que vai máis alá: busca contribuír sempre a mellorar o benestar das persoas e, en especial, dos colectivos máis vulnerables.
O noso propósito
O que nos fai ser quen somos é a nosa forte convicción da responsabilidade que implica xestionar un ben público e un dereito humano como o acceso á auga e ao saneamento. O noso propósito é garantir o benestar e o progreso das persoas e comunidades nas que traballamos prestando un servizo público: a xestión sostible da auga. Garantindo con orgullo e compromiso o dereito universal/glocal á auga.
Os nosos valores baséanse no coidado das persoas mediante unha xestión da auga eficiente e orientada ao cliente; eficiente e especializada; comprometida co medio ambiente; con implicación social; transparente; íntegra e ética; innovadora; e baseada na dixitalización.
