A sostibilidade é a esencia de Aqualia
A Axenda 2030 marca o noso rumbo e moitas das liñas estratéxicas sobre as que traballamos, e aínda que as diversas crises dos últimos anos puxeron a proba o compromiso das nacións cos obxectivos da Axenda 2030, en Aqualia seguimos aliñados cos ODS, a loita contra o cambio climático, a xestión eficaz do ciclo integral da auga e o coidado e a atención ás persoas, dentro e fóra da compañía.
Directamente afectada pola crisis climática atópase a auga e, por extensión, a xestión dos recursos hídricos. En Aqualia, compañía especializada na xestión do ciclo integral da auga, coñecemos moi ben este reto. Precisamente, este ano consolidamos a nosa posición a nivel internacional, un fito posible grazas á adaptabilidade dos nosos profesionais e ás solucións innovadoras que a empresa pon en marcha alí onde operamos.
O Plan Estratéxico de Sostibilidade: Unha folla de ruta sólida, transversal e cun impacto positivo
En 2021, Aqualia publicou o seu primeiro Plan Estratéxico de Sostibilidade con carácter trianual, o que lle permitiu poñer en marcha proxectos que promoven a xestión sostible da auga, desde todas as súas perspectivas: ambiental, social e de goberno.
No Plan Estratéxico de Sostibilidade de Aqualia 2024-2026, materialízanse de novo e revísanse os compromisos firmes que Aqualia integra na súa xestión diaria. Apostando pola sostibilidade como vía para xerar un modelo de prosperidade e benestar que nos permita construír un planeta máis xusto, humano e perdurable.
O Plan establece 43 obxectivos, articulados arredor das nosas 7 Liñas Estratéxicas, dirixidos á nosa actividade, á nosa cadea de subministración, aos nosos empregados e á sociedade.
Descarga o Plan Estratéxico de Sostibilidade de Aqualia premendo aquí.
Materialidade estratéxica
Levamos a cabo un proceso de ESCOITA activa e continua cos nosos grupos de interese. Unha labor que facilitou que identifiquemos as cuestións máis importantes en materia ambiental, social e de goberno, un exercicio clave que temos presente na nosa toma de decisións.
Este proceso de escoita constante e consciente, que levamos a cabo cada ano, reforza o traballo de Aqualia cos nosos grupos de interese. Ademais, as iniciativas xeradas a partir deste diálogo axúdannos a maximizar os impactos positivos e minimizar os negativos da nosa actividade.
Vivimos nun momento clave en termos de información sobre sostibilidade; están a producirse cambios significativos co propósito de mellorar a precisión metodolóxica e a transparencia nos informes de triplo impacto (ambiental, social e de goberno). Cambios cos que Aqualia se aliña de xeito sensible e vantaxoso.
Este novo contexto toma forma especialmente en relación coa recente Directiva Europea sobre divulgación de información de sostibilidade (CSRD) e os seis Estándares Europeos de Reporte en Sostibilidade (ESRS), que propoñen unha abordaxe máis completa do desempeño y o goberno ASG.
Para obter máis información sobre este proceso realizado por Aqualia en 2023, preme aquí.