Compromiso coa integridade, honestidade e transparencia

Existen dous mecanismos que fan efectivo o noso compromiso coa ética e a integridade. Un é o Código Ético e de Conduta, norma de maior rango que establece as pautas de conduta que deben seguir todos os membros da organización. Outro, a Canle ética, a través da que se denuncia calquera incumprimento do noso Código Ético e de Conduta.

Código Ético e de Conduta

O Código Ético e de Conduta, norma de maior rango dentro de Aqualia, establece as pautas de conduta que orientan a actuación e o comportamento dos nosos profesionais en asuntos de orde ética,social e ambiental. Ten como finalidade promover que todas as persoas vinculadas a Aqualia se guíen por pautas de comportamento co máis alto nivel de esixencia no compromiso do cumprimento de leis, normativas, contratos, procedementos e principios éticos.

Inclúe cuestións relacionadas, entre outras, coa corrupción e o suborno, ademais de tratar asuntos como os dereitos humanos, o desenvolvemento do capital humano, a seguridade e a saúde na contorna laboral e o respecto ao ambiente. É de aplicación en todos os países nos que operamos e afecta a todos os empregados, directivos, provedores e contratistas que colaboran con Aqualia.

Ademais, o Código Ético e de Conduta potencia a cultura corporativa da organización, na medida en que se formulou co propósito de unificar e reforzar a súa identidade, cultura e pautas de conduta. O noso Código Ético e de Conduta desenvolve de forma práctica os valores compartidos en Aqualia, permite fortalecer unha cultura de cumprimento e apoia a creación de valor a longo prazo do noso proxecto.

Este Código é de obrigado cumprimento para todas as persoas vinculadas a Aqualia con independencia da modalidade contractual que determine a súa relación laboral, posición que ocupen ou ámbito xeográfico no que desempeñen o seu traballo.

Accede ao noso Código Ético (PDF)
(español) (inglés)