Información adicional respecto á protección dos seus datos
Quen é responsable do tratamento dos seus datos?
A entidade que contratase para a prestación do servizo, cuxo enderezo postal, a efectos de protección de datos persoais, atópase en Av. Camino de Santiago 40, 28050 de Madrid.
Así mesmo, queremos lembrarlle que pode poñerse en contacto co Responsable de Protección de Datos, que é a persoa encargada do cumprimento desta normativa, no seguinte enderezo: protecciondatos@aqualia.es
Con que finalidade e lexitimación tratamos os seus datos persoais?
Tratamos os datos persoais que vostede nos facilita para desenvolver e xestionar os servizos que ten contratados.
Ademais, tratamos os seus datos en caso de que nos dea o seu consentimento para comunicarlle periodicamente as novidades, produtos e servizos tanto por medios escritos como electrónicos (teléfono, correo electrónico, oficina virtual, app, SMS, etc.).
Cal é a leximitación para o tratamento dos seus datos?
A base legal para o tratamento dos seus datos é a execución do contrato e prestación dos servizos detallados na súa factura.
Respecto ao resto de finalidades, está baseada no consentimento que se lle solicita; en ningún caso a retirada deste consentimento condicionará a execución do contrato.
Durante canto tempo conservaremos os seus datos?
Os seus datos persoais conservaranse mentres dure a relación contractual e comercial, a non ser que vostede solicite a súa supresión. Unha vez finalizada esta relación contractual, manteremos os seus datos persoais bloqueados durante os prazos de prescrición legal; unha vez transcorridos estes prazos, eliminaremos os datos.
A que destinatarios se comunicarán os seus datos?
Non cedemos os seus datos a ningún terceiro, a menos que nos obrigue algunha normativa ou lexislación de obrigado cumprimento.
Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?
Acceso: ten dereito a saber se estamos tratando os seus datos e, no seu caso, saber que datos persoais da súa titularidade estamos tratando.
Rectificación: vostede ten dereito a rectificar aqueles datos persoais que sexan inexactos.
Supresión: en determinadas circunstancias, poderá solicitar a supresión dos seus datos.
Limitación do tratamento: en determinadas circunstancias, vostede terá dereito a solicitarnos a limitación do tratamento dos seus datos e, nese caso, comunicámoslle que unicamente os conservaremos para o exercicio ou defensa de reclamacións.
Portabilidade: vostede terá dereito a recibir, en formato electrónico, os datos persoais que nos facilitou e aqueles que se xerasen durante a relación contractual, así como a transmitilos a outra entidade.
Oposición: en determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, vostede terá dereito a opoñerse ao tratamento dos seus datos; nese caso, deixariamos de tratalos, agás que existan motivos lexítimos imperiosos, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
Poderá exercer estes dereitos mediante solicitude escrita coa ref. «Protección de Datos» e fotocopia do DNI dirixida a FOMENTO DE CONSTRUCCIONES Y CONTRATAS, Dpto. Gestión de Clientes y Protección de Datos, Avda. del Camino de Santiago 40, 28050 de Madrid ou cursando a súa petición cos mesmos requisitos a través de protecciondatos@aqualia.es
Finalmente, indicámoslle que pode reclamar perante a autoridade de control.