Os servizos de auga son un bo exemplo de Tecnoloxías da Información, xa que o ciclo integral da auga ten unha importancia vital para as cidades modernas e os seus habitantes. Aqualia desenrola e aplica procesos automatizados e enerxeticamente eficientes, garantindo a xestión optimizada dos recursos, cos proxectos seguintes enfocados en cidades intelixentes:

  • SMARTIC (Innterconecta), proxecto para monitorizar a calidade da auga en encoros e o seu tratamento, desenrolando prototipos que permiten analizar e tratar a auga en tempo real.
  • URBANWATER, enmarcado no 7º Programa Marco da Unión Europea. Este proxecto aplica avanzados algoritmos para a obtención de predicións de consumo, a detección de fugas, a interacción cos cidadáns, etc.
  • MOTREM dentro da iniciativa europea conxunta (JPI), incorpora a tecnoloxía para modernizar o tratamento e incrementar a eficiencia da eliminación de microcontaminantes.