Compromiso de transparencia

O conxunto de procesos e recursos (captación da auga no medio ambiente, a súa transformación en auga potable, a distribución ao seu domicilio e a súa devolución á natureza) que fan posible que vostede dispoña de auga de calidade, comprenden toda unha serie de factores que aparecen reflectidos na factura a través dos seus distintos conceptos (auga, depuración, canon de mellora, saneamento e lixo).

Que paga un cliente na súa factura? Moito máis que un produto, un servizo.

A factura que cada cliente recibe consta de tres cotas:

  • A primeira é a cota de servizo, que inclúe dous abonos, o de abastecemento (é a auga que entra no domicilio) e o de saneamento (o que se refuga polo desaugadoiro).
  • A segunda cota é a de consumo.
  • A terceira, a cota de investimento, que ten como finalidade manter a rede de sumidoiros e as infraestruturas hidráulicas.

En aqualia existen tres procedementos para calcular cada consumo de forma fiable e sen erros. O máis frecuente consiste en mirar as diferenzas de lectura do contador. Como non sempre é posible, tamén se pode facer unha estimación de consumos, para a que se empregan as facturacións de períodos análogos dos dous anos precedentes. A última posibilidade é facer unha avaliación de consumos, método empregado cando o contador está estragado ou só se puido efectuar unha lectura anual.

A un nivel moito máis xeral, para calcular o prezo da auga nos distintos países téñense en conta os seguintes factores; a dispoñibilidade, a calidade, a cantidade dos recursos hídricos, e a densidade de poboación.

En España o consumo medio nos fogares é de 171 litros por habitante e día, segundo o INE. Con todo, a Asociación Europea da auga (EWA) cifra o gasto español por persoa e día en 265 litros. É difícil atopar datos fiables sobre o consumo da auga nos fogares, en calquera caso, ambas cifras sitúan a España entre os países do mundo que maior gasto de auga fai por habitante. España, ademais, sitúase entre o cinco países que máis barata pagan a auga na UE segundo a Asociación Internacional da auga (IWA).

A directiva marco da auga (2000/60/CE) é o documento que determina a política hídrica dos países da UE. Nel especifícase que o prezo que se cobre aos cidadáns debe cubrir o custo total do abastecemento. A normativa pretende promover o uso sustentable e mellorar o estado dos ecosistemas acuáticos. Isto implica que o prezo que paguemos deben incluírse os custos das tarefas dirixidas a preservar o medio acuático no que se verten as augas residuais.

Explicacion de la factura -Atención al cliente-Aqualia