A e-factura. Menos papel, máis medio ambiente

A factura electrónica de aqualia recolle os mesmos datos que a factura que recibes en papel, pero nun formato dixital.

Máis responsable co medio ambiente

Reduce o consumo de papel e axuda a preservar os nosos bosques.

Máis cómoda

Deixarás de acumular papel, poderás acceder ás túas facturas cando e onde queiras, e almacenalas no teu ordenador.

Máis rápida

Recibirás a túa factura o mesmo día que se emite. E, se o desexas, avisámoste cun correo electrónico.

Máis segura

Só ti recibirás as túas facturas e poderás acceder coas túas claves á túa área de cliente.

Total validez legal

A e-factura ten a mesma validez legal e fiscal que a factura en papel.

Gratuíta

A e-factura non ten custe para ti. E en calquera momento podes solicitar de novo recibir as túas facturas en papel.

Pásate á e-factura

A través de aqualiaonline, chamando ao Centro de Atención ao Cliente ou enviando un e-mail a e-factura@aqualia.es indicando: nome e apelidos do titular, número de contrato, NIF, poboación, e-mail onde desexas recibir a e-factura.