Colaborando coa Administración Pública

Aqualia é capaz de xestionar cada unha das parcelas que compoñen o ciclo integral da auga, que comprende a captación, o tratamento e a potabilización, a distribución e a recollida das augas usadas e a súa posterior depuración para a súa devolución ao medio natural en condicións óptimas.

A experiencia acumulada, xunto cun amplo coñecemento no mantemento e explotación das infraestruturas construídas, garante a eficiencia do uso dos recursos públicos e privados destinados aos investimentos en novas infraestruturas.

Aqualia é unha eficaz colaboradora da Administración Pública, xa que proporciona a asistencia técnica necesaria, con equipos profesionais para traballos de consultoría.

Neste sentido, Aqualia conta cunha experiencia consolidada na explotación e mantemento de EDAR e ETAP, xestionando máis de 300 instalacións deste tipo en países como España, República Checa ou Italia.