Aviso Legal/Política de privacidade

1. Titularidade do portal web

FCC AQUALIA (en adiante, a Entidade), pertencente ao Grupo FCC (www.fcc.es), é o titular deste portal web (en adiante, o Portal). O seu enderezo está situado na Av. Camino de Santiago 40, 28050 de Madrid e o seu CIF é A-26019992. O contacto electrónico coa Entidade pode realizarse a través da páxina de contacto.

A Entidade está inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, coa data 23 de xullo de 2002, Tomo 17248, Folio130 Sección 8, Folla M-58878 inscrición 369. O nome do dominio a través do cal vostede accedeu ao Portal é titularidade da Entidade.

Ese nome de dominio no poderá ser utilizado en conexión con outros contidos, produtos ou servizos que non sexan titularidade da Entidade ou do Grupo FCC nin de ningunha forma que poida causar confusión entre los usuarios finais ou o descrédito da Entidade ou do Grupo FCC.

2. Obxecto

Esta páxina de Información legal recolle as condicións de uso que regulan o acceso, navegación e uso do Portal, así como as responsabilidades derivadas da utilización, prestación e contratación dos produtos ou servizos que, no seu caso, poidan ofrecerse, así como dos contidos que o integran, e sen prexuízo de que a Entidade poida establecer condicións particulares que regulen a utilización, prestación e contratación de produtos ou servizos que, no seu caso, sexan ofrecidos aos Usuarios a través do Portal. En todo caso, as devanditas condicións particulares formarán parte do presente Aviso Legal.

Ao acceder ao Portal, encher formularios, enviar solicitudes de información, consultas, queixas, ofertas de contratación, currículum vitae e, en xeral, calquera acto de natureza similar aos anteriores realizados a través dos formularios e/ou caixas de correo electrónico existentes no Portal implicará que vostede acepta sen reservas todas e cada unha das normas integrantes do presente Aviso Legal e a adquisición da consideración de Usuario do Portal. En consecuencia, vostede debe ler atentamente e coñecer o contido do presente Aviso Legal.

En caso de ser ofrecidos, a través do Portal, a utilización, prestación e contratación de produtos ou servizos, o feito de ser utilizados ou solicitados polo Usuario tamén implicará a aceptación sen reservas das condicións particulares que, no seu caso, fosen establecidas a tal efecto, e que formarán parte integrante do presente Aviso Legal.

3. Acceso e uso do Portal

O acceso ao Portal por parte dos Usuarios ten carácter libre e gratuíto. Non obstante, a utilización, prestación e contratación dos produtos ou servizos que, no seu caso, poidan ser ofrecidos pola Entidade pode estar suxeita á observancia previa de requisitos formais como encher o correspondente formulario, abonar os gastos ou taxas e aceptar previamente as condicións particulares que resulten da aplicación deles.

En si mesmo, o acceso ao Portal non implica o establecemento de ningún tipo de vínculo ou relación comercial entre a Entidade e o Usuario, excepto cando se establezan os medios oportunos para iso e o Usuario cumpra previamente os requisitos que poidan establecerse.

A inclusión no Portal de información relativa a produtos ou servizos ofrecidos pola Entidade ten exclusivamente fins informativos e publicitarios, salvo que se estableza expresamente outra finalidade.

Se para a utilización, prestación e contratación dalgún produto ou servizo ofrecido a través do Portal fose necesario que o Usuario se rexistre, el mesmo será responsable de aportar información veraz e lícita e de garantir a autenticidade de todos aqueles datos que proporcione á hora de encher os formularios preestablecidos para acceder aos produtos ou servizos de que se trate. Se, como consecuencia do rexistro, se proporcionase un contrasinal, o Usuario comprometerase a facer un uso dilixente del e a non desvelalo. En consecuencia, os Usuarios son responsables da adecuada custodia e confidencialidade de todos aqueles identificadores ou contrasinais que a Entidade lles proporcione, e tamén se comprometen a non ceder o seu uso a terceiros, xa sexa temporal ou permanente, nin a permitir o acceso a persoas alleas.

Será responsabilidade exclusiva do Usuario a utilización e contratación dos produtos ou servizos por parte de calquera terceiro ilexítimo que empregue un contrasinal debido a unha actuación non dilixente ou à perda deste por parte do Usuario.

Tendo en conta o anterior, o Usuario ten a obriga de notificar de forma inmediata á Entidade calquera feito que permita o uso indebido dos identificadores ou contrasinais, xa se trate dun roubo, extravío, un acceso non autorizado a eles, co obxectivo de cancelalos de forma inmediata. Mentres non se comuniquen eses feitos, a Entidade quedará eximida de calquera responsabilidade que puidese derivarse do uso indebido dos identificadores ou contrasinais por parte de terceiros non autorizados.

En todo caso, o acceso, navegación e uso do Portal e, no seu caso, o uso ou contratación dos servizos ou produtos que se ofrezan a través deste faise baixo a única e exclusiva responsabilidade do Usuario, polo que este se compromete a observar dilixente e fielmente calquera instrución adicional impartida pola Entidade ou polo persoal autorizado da Entidade relacionada co uso do Portal e os seus contidos.

Polo tanto, o Usuario obrígase a usar os contidos, produtos e servizos de forma dilixente, correcta e lícita, de conformidade coa lexislación vixente e, en particular, comprométese a absterse de:

(i) Utilizalos con fins e efectos contrarios á lei, á moral, aos bos costumes xeralmente aceptados ou á orde pública e ás instrucións recibidas da Entidade.

(ii) Utilizalos con fins lesivos dos lexítimos dereitos de terceiros.

(iii) Empregar os contidos e produtos e, en particular, a información de calquera tipo obtida a través do Portal e dos servizos para remitir publicidade, comunicacións con fins de venda directa ou con calquera outra clase de finalidade comercial, mensaxes non solicitadas dirixidas a unha pluralidade de persoas con independencia da súa finalidade, así como absterse de comercializar ou divulgar de calquera xeito esa información.

4. Responsabilidades e limitacións

A Entidade non pode garantir a fiabilidade, utilidade ou veracidade da información que se preste a través do Portal. En consecuencia, a Entidade non garante nin se fai responsable do seguinte:

(i) A continuidade dos contidos, a falta de dispoñibilidade ou accesibilidade, e continuidade técnica do Portal;

(ii) A ausencia de erros nos contidos ou produtos;

(iii) A ausencia de virus e outros compoñentes daniños no Portal ou no servidor que o subministra;

(iv) A invulnerabilidade do Portal ou a inexpugnabilidade das medidas de seguridade que nel se adopten;

(v) No seu caso, a falta de utilidade ou rendemento dos contidos ou servizos do Portal;

(vi) Os danos ou prexuízos que cause calquera persoa, a si mesma ou a un terceiro, que infrinxa as condicións, normas e instrucións que a Entidade establece no Portal ou a través da vulneración dos seus sistemas de seguridade;

(vii) Todos os demais danos que puidesen producirse por motivos inherentes ao non funcionamento ou ao funcionamento defectuoso do Portal ou dos sitios web cara os que, no seu caso, se establecesen ligazóns.

Non obstante, a Entidade declara que xa adoptou todas as medidas necesarias, dentro das súas posibilidades e do estado da tecnoloxía, para garantir o funcionamento do Portal e para evitar a existencia e transmisión de virus e outros compoñentes daniños aos Usuarios.

A Entidade dedica os máximos esforzos a evitar erros nos contidos que se publican no Portal. Todos os contidos que se ofrecen a través do Portal están actualizados; a Entidade resérvase a facultade de poder modificalos en calquera momento. A Entidade non se responsabiliza das consecuencias que poidan derivarse dos erros de contido que poidan aparecer no Portal proporcionados por terceiros.

Queda prohibida calquera comunicación ou transmisión de contidos que infrinxa os dereitos de terceiros e cuxo contido sexa ameazante, obsceno, difamatorio, pornográfico, xenófobo, ou que atente contra a dignidade das persoas ou os dereitos da infancia, a legalidade vixente ou calquera conduta que incite ou constitúa a realización dunha ofensa penal.

Así mesmo, queda prohibida a inclusión e comunicación de contidos, por parte dos usuarios, que sexan falsos ou inexactos e que induzan ou poidan inducir a erro ao resto de usuarios ou ao persoal da Entidade; en particular, os contidos que estean protexidos por calquera dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial, pertencentes a terceiras persoas, cando non conten coa autorización do titular dos dereitos, menoscaben o desprestixien a fama ou crédito da Entidade ou de calquera entidade integrante do grupo FCC, sexan considerados como un caso de publicidade ilícita, enganosa, desleal ou incorporen virus ou calquera outro elemento electrónico que puidese danar ou impedir o funcionamento do sitio web, da rede, dos equipos informáticos da Entidade ou terceiros e o acceso ao portal do resto de usuarios.

A Entidade poderá prohibir o acceso ao Portal a calquera Usuario que teña calquera das condutas mencionadas, con carácter enunciativo e non limitativo, no presente apartado.

5. Dereitos de propiedade intelectual e industrial

A Entidade é titular ou obtivo a correspondente licencia sobre os dereitos de explotación en materia de propiedade intelectual, industrial e de imaxe sobre os contidos dispoñibles a través do mesmo, entre outros a título meramente enunciativo e non exhaustivo, os textos, deseño gráficos, debuxos, códigos, software, fotografías, vídeos, sons, bases de datos, índices, imaxes, marcas, logotipos, expresións e informacións e, en xeral, calquera outra creación protexida polas normas nacionais e tratados internacionais sobre propiedade intelectual e industrial (en adiante, conxuntamente, os Contidos).

Quedan reservados todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre os Contidos e, en particular, queda prohibido modificar, copiar, reproducir, comunicar publicamente, transformar ou distribuír de calquera xeito a totalidade ou parte dos Contidos incluídos no Portal, para propósitos públicos ou comerciais, se non se conta coa autorización previa, expresa e por escrito da Entidade ou, no seu caso, do titular dos dereitos a quen corresponda.

O acceso e navegación do Usuario polo Portal en ningún caso se entenderá como unha renuncia, transmisión, licencia ou cesión total nin parcial dos dereitos antes indicados por parte da Entidade.

En consecuencia, non está permitido suprimir, eludir ou manipular o aviso de dereitos de autor («copyright») nin calquera outro dato de identificación dos dereitos da Entidade ou dos seus titulares incorporados aos Contidos, así como os dispositivos técnicos de protección, as pegadas dixitais ou calquera mecanismo de información ou de identificación que puideren conterse neles.

As referencias a nomes e marcas comerciais ou rexistradas, logotipos ou outros signos distintivos, xa sexan titularidade da Entidade ou de terceiras empresas, levan implícitas a prohibición sobre o seu uso sen o consentimento da Entidade ou dos seus lexítimos propietarios. En ningún momento, salvo manifestación expresa, o acceso ou uso do Portal ou dos seus Contidos confire ao usuario dereito algún sobre as marcas, logotipos ou signos distintivos nel incluídos, protexidos por Lei.

6. Ligazóns

6.1 Ligazóns desde o Portal a outros sitios web

A Entidade pode ofrecer ligazóns, directa ou indirectamente, a recursos ou sitios web de Internet que se atopen fóra do Portal. A presencia destas ligazóns no Portal ten unha finalidade informativa e non constitúe en ningún caso unha invitación á contratación de produtos ou servizos que se ofrezan ou poidan ofrecer nos sitios web de destino nin implica a existencia de vínculo ou relación mercantil ou de dependencia coa entidade titular do sitio web vinculado. Nestes casos, a Entidade non será responsable de establecer as condicións xerais e particulares que se terán en conta na utilización, prestación ou contratación destes servizos por terceiros e, polo tanto, non poderá ser considerada responsable deles.

A Entidade non ten facultade nin medios humanos nin técnicos para coñecer, controlar nin aprobar toda a información, contidos, produtos ou servizos facilitados por outros sitios web aos que se poidan establecer ligazóns desde o Portal. En consecuencia, a Entidade non poderá asumir ningún tipo de responsabilidade por calquera aspecto relativo aos sitios web aos que puidese engadir unha ligazón desde o Portal, en concreto, a título enunciativo e non taxativo, sobre o seu funcionamento, acceso, datos, información, ficheiros, calidade e fiabilidade dos seus produtos e servizos, as súas propias ligazóns ou calquera dos seus contidos, en xeral.

Non obstante, en caso de que a Entidade chegue a ter coñecemento efectivo de que a actividade ou a información á que se remite desde esas ligazóns é ilícita, constitutiva de delito ou pode lesionar bens ou dereitos dun terceiro, actuará coa dilixencia necesaria para suprimir ou inutilizar a ligazón correspondente coa maior brevidade posible.

Así mesmo, se os Usuarios tivesen coñecemento efectivo de actividades ilícitas desenvolvidas a través destes sitios web de terceiros, deberán comunicalo inmediatamente á Entidade para que se quite a ligazón de acceso a esta.

6.2 Ligazóns desde outros sitios web ao Portal

Se calquera Usuario, entidade ou sitio web quixese establecer algún tipo de ligazón con destino ao Portal, deberá aterse ás seguintes estipulacións:

(i) Deberá obter a autorización previa, expresa e por escrito da Entidade.

(ii) A ligazón só se poderá dirixir á páxina principal do Portal, excepto que se autorice expresamente outra cousa distinta.

(iii) A ligazón debe ser absoluta e completa, é dicir, debe levar ao Usuario, mediante un clic, á páxina principal e debe abranguer completamente toda a extensión da pantalla da páxina principal do Portal. En ningún caso, excepto se a Entidade o autoriza, o sitio web desde o que se dirixe a ligazón poderá reproducir o Portal de calquera maneira, incluílo como parte da súa web ou dentro dun dos seus «frames» ou crear un «browser» sobre calquera das páxinas do Portal.

(iv) No sitio web desde o que se establece a ligazón non se poderá declarar de ningún xeito que a Entidade autorizou a ligazón se non foi así. Se a Entidade que realiza a ligazón desde a súa páxina ao Portal correctamente quixese incluír no seu sitio web a marca, denominación, nome comercial, rótulo, logotipo ou calquera outro signo identificador da Entidade ou do Portal, deberá contar previamente coa autorización previa, expresa e por escrito da Entidade.

(v) En todo caso, a Entidade prohibe o establecemento dunha ligazón ao Portal desde aqueles sitios web que conteñan materiais, información ou contidos ilícitos, ilegais, degradantes, obscenos e, en xeral, que contraveñan a moral, a orde pública, a lexislación vixente, as normas sociais xeralmente aceptadas ou sexan lesivos de lexítimos dereitos de terceiros.

7. Política de privacidade

Cando sexa necesario que o Usuario se rexistre ou facilite datos persoais (entre outros supostos, para acceder a servizos, solicitar información, adquirir produtos, remitir consultas, queixas ou solicitudes de contratación, enviar o currículum vitae), a recollida e tratamento dos datos persoais se levará a cabo consonte os principios recollidos na Lei Orgánica de Protección de Datos vixente (LOPD) e normativa de desenvolvemento, así como o Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos (“RGPD”).

A Entidade comprométese a tratar de recoller datos persoais:

  • de forma lícita, leal e transparente,
  • de forma adecuada, pertinente e limitada ao necesario,
  • de forma exacta actualizada e
  • durante o tempo necesario.

Así mesmo, a Entidade comprométese a respectar os principios reitores de Privacidade desde o deseño ou por defecto e de responsabilidade proactiva.

En todo caso, os datos así recollidos pasaranse a un ficheiro responsabilidade da Entidade co único fin de:

  • Xestionar a relación cos Usuarios, así como a prestación de Servizos ofrecidos a través da Web (ou sobre os que o Usuario fixese algunha consulta/solicitude) e, en xeral, a xestión, desenvolvemento e respecto da relación establecida entre a Entidade e quen aporte os seus datos persoais a través do Sitio Web.
  • Atender as posibles solicitudes de emprego que se poidan recibir e xestionar o posible proceso de selección. Ler cláusula apartado “Envía o teu Currículum”.
  • Resolver dúbidas e consultas.
  • Enviar boletín (en caso de que se rexistre no Portal de Voluntariado) ou cando o Usuario dese o seu consentimento ou se rexistrase para algún servicio concreto. Neste suposto, no momento da recollida de datos darase ao Usuario a oportunidade de negarse a que sexan utilizados con esa finalidade. Ademais, en cada envío establecerase a posibilidade de darse de baixa.
  • Remitirlle a través dun SMS a información correspondente aos cortes de subministración programados e avarías no servizo.

Así mesmo, informámolo de que os seus datos, só no caso de que fose necesario, poderán ser comunicados ás sociedades do Grupo FCC para o cumprimento dos mesmos fins informados. Son sociedades do Grupo FCC todas aquelas sociedades ou entidades que aparecen enumeradas na memoria das contas anuais e no apartado Directorio de Empresas publicados na páxina www.fcc.es ​​​e cuxas actividades son: i) construción, ii) xestión integral da auga, iii) xestión de servizos medioambientais, iv) infraestruturas e v) xestión de servizos cidadáns.

Cando os datos persoais sexan recollidos a través do formulario, será necesario que o Usuario aporte, polo menos, aqueles marcados cun asterisco, xa que se non se subministran estes datos considerados necesarios, a Entidade non poderá xestionar o servizo solicitado.

Ademais, ao entregar os datos e encher o/os formularios, o Usuario autoriza que a Entidade utilice o enderezo de correo ou teléfono como medio de comunicación e garante que os datos aportados son verdadeiros, exactos, completos e actualizados; ademais, consente expresamente o seu uso, tratamento e comunicación para os fins comunicados

No caso de que se faciliten datos de terceiras persoas, a persoa que os facilite garante que informou estas persoas dos termos recollidos no presente apartado.

Para obter máis información sobre o tratamento dos seus datos persoais, diríxase ao apartado “Protección de datos”.

Consonte o establecido na Lei 34/2002 do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, no suposto de que o Usuario non queira recibir comunicacións comerciais electrónicas no futuro e queira darse de baixa no sistema do boletín ao que estivese subscrito, poderá manifestar a súa vontade enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo de correo electrónico: protecciondatos@aqualia.com (ademais, en cada envío o Usuario terá a opción de darse de baixa).

A ENTIDADE posúe perfís nalgunhas das principais redes sociais de Internet (Facebook, Twitter etc.), polo que en todos eses casos é responsable do ficheiro de datos dos seus seguidores, fans, subscritores, comentaristas. O tratamento que a ENTIDADE pode levar a cabo será o que a rede social permita aos perfís corporativos. A ENTIDADE poderá informar os seus seguidores por calquera vía da rede social sobre as súas actividades, servizos etc. A Entidade non extraerá datos das redes sociais en ningún caso.

8. Duración e modificación

A Entidade resérvase o dereito de modificar o presente Aviso Legal ou as condicións particulares que, no seu caso, fosen establecidas para a utilización e contratación dos produtos ou servizos prestados a través do Portal, cando o considere oportuno ou coa finalidade de adecuarse aos cambios lexislativos e tecnolóxicos; estas son válidas e producen efecto desde a súa publicación no Portal.

A vixencia temporal destas condicións de uso coincide, polo tanto, co tempo de exposición, ata que sexan modificadas total ou parcialmente, momento no cal pasarán a ter vixencia as condicións de uso modificadas.

A Entidade poderá dar por rematado, suspender ou interromper en calquera momento, sen necesidade de preaviso, o acceso aos contidos da páxina, sen posibilidade por parte do Usuario de esixir indemnización ningunha. Tras esa extinción, seguirán vixentes as prohibicións de uso dos contidos, expostas anteriormente no presente Aviso Legal.

9. Comunicacións

Para calquera comunicación entre a Entidade e o Usuario, este deberá dirixirse á Entidade no enderezo postal ou electrónico arriba indicados. En todo caso, as comunicacións da Entidade cara ao Usuario realizaranse consonte os datos de contacto achegados ou facilitados. Expresamente, o Usuario acepta a utilización do correo electrónico como procedemento válido para o intercambio de información e a remisión de comunicacións entre ou coa Entidade.

10. Xeneralidades

Os encabezamentos das distintas cláusulas son só informativos e non afectarán, cualificarán ou modificarán a interpretación do Aviso Legal.

En caso de houber discrepancia entre o establecido neste Aviso Legal e as condicións particulares que, no seu caso, poidan establecerse respecto aos produtos ou servizos ofrecidos no Portal, prevalecerá o disposto nas condicións particulares.

En caso de que calquera disposición ou disposicións deste Aviso Legal fose(n) considerada(s) nula(s) ou inaplicable(s) na súa totalidade ou en parte por calquera Xulgado, Tribunal ou órgano administrativo competente, dita nulidade ou inaplicación non afectará a outras disposicións do Aviso Legal nin ás condicións particulares que, no seu caso, puidesen establecerse.

O non-exercicio ou non-execución por parte da Entidade de calquera dereito ou disposición contida neste Aviso Legal non constituirá unha renuncia a el, excepto que haxa un recoñecemento ou acordo por escrito pola súa parte.

11. Lexislación aplicable e tribunais competentes

O presente Aviso Legal e as relacións establecidas entre a Entidade ou o Usuario, en particular o coñecemento e resolución de calquera litixio, discrepancia ou diferencias que puidesen xurdir, rexeranse e resolveranse consonte o establecido na normativa española relativa á lexislación aplicable e xurisdición competente.

Non obstante, para os casos nos que a normativa dea a posibilidade de que as partes se sometan a un foro, a Entidade e o Usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, someterán calquera controversia ou litixio ao coñecemento dos Xulgados e Tribunais da cidade do enderezo da Entidade previsto no presente Aviso Legal.