Auga potable

A auga potable para consumo humano e industrial é un ben cada vez máis prezado, incrementándose a súa demanda en función do desenrolo demográfico e industrial da sociedade moderna. As cada vez máis esixentes normas sanitarias, unidas á degradación crecente dos recursos naturais (ríos, lagoas, acuíferos, mar, etc.), esixen ás empresas especializadas coñecer o maior número posible de procesos e tecnoloxías a usar, para poder ofrecer aos consumidores as máximas garantías na auga de consumo; en Aqualia utilizamos desde os procesos máis simples ata os máis sofisticados, en función do problema.

As plantas de tratamento de auga para consumo humano deseñadas e construídas por Aqualia, abastecen na actualidade a máis de 10 millóns de habitantes.

Ao longo do tempo utilizamos practicamente todos os procesos coñecidos; así, nos tratamentos físico-químicos previos temos decantadores de gravidade simples ou en pisos, lamelares, de recirculación de lodos, manto de lodos; en filtración temos referencias con diversos tipos de filtros abertos ou pechados e en desinfección traballamos con diversos compostos de cloro ou raios ultravioleta.

Entre as nosas últimas referencias destacamos os traballos realizados en China con plantas de tratamento como a de Lingzhuang 750.000 m3/día e Jiexuan 500.000 m3/día na provincia de Tianjin.

Baseándonos na nosa experiencia, desenrolamos a nosa propia tecnoloxía para cada proceso, incorporando detalles e melloras froito do coñecemento da operación das instalacións executadas; nos últimos anos, estamos desenrolando as liñas de tratamento de lodos dalgunhas plantas de potables para permitir a evacuación ao vertedoiro dos mesmos.

Reutilización

Nos últimos anos, ben sexa por iniciativa pública ou privada, e especialmente en zonas onde a escaseza ou mala calidade das augas se converteron nun problema social, executamos plantas de tratamento de augas xa depuradas con tratamentos biolóxicos secundarios, con obxecto de mellorar as súas características físicas e sobre todo sanitarias.

Son as plantas coñecidas como "tratamentos terciarios", utilizadas en rego de parques, xardíns ou campos de golf, limpeza de viais, recarga de acuíferos ou para recuperación de caudais ecolóxicos en cursos fluviais degradados.

Para iso usamos procesos de decantación física por gravidade ou flotación (con axuda de reactivos cando foi necesario), filtración convencional en leitos de area e antracita, filtros de aneis, desinfeccións combinadas por raios ultravioleta e cloro, etc. Naqueles emprazamentos onde atopamos contidos inadmisibles en sales disolutas que puideran prexudicar gravemente aos solos agrícolas, realizamos tratamentos terciarios con uso de membranas.