A protección dos ríos, lagoas, da fauna e a flora, a eliminación de cheiros, a diminución da degradación provocada polas verteduras e a protección do medio ambiente en xeral é un deber para as administracións públicas e un reto para as empresas que traballamos con elas.

É neste campo onde Aqualia traballou con máis intensidade e no que podemos asegurar que temos a gama máis ampla de deseños, depurando na actualidade as augas producidas por máis de 15 millóns de habitantes equivalentes, con máis dun centenar de referencias en funcionamento, nas que aplicamos practicamente todos os procesos físicos, químicos e biolóxicos coñecidos. Co paso do tempo e desde as primeiras plantas con depuración biolóxica, concibidas para a eliminación da materia carbonosa, fomos solucionando problemas cada vez máis complexos, ben sexa por ter que depurar augas de marcado carácter industrial ou polo cambio nos niveis de calidade esixidos; obrigounos a deseñar plantas con eliminación avanzada de nutrientes, onde aplicamos procesos biolóxicos de última xeración.

A Investigación e desenrolo levada a cabo por Aqualia, a través de programas de experimentación con plantas piloto, e a colaboración con empresas de enxeñería especializadas de prestixio internacional, achegounos o coñecemento necesario para resolver os problemas con tecnoloxías moi diversas.

Por exemplo, usamos decantadores circulares e rectangulares, con recollida convencional de rasquetas ou por succión, pero tamén usamos decantadores lamelares en tratamentos primarios.

Fixemos numerosos biolóxicos para a eliminación de materia carbonosa, con diversos tipos de sistemas de aireación, usando configuracións distintas en función do problema, (mestura completa ou fluxo pistón, carrusel, de contacto estabilización, de alta, media e baixa carga, etc.), pero tamén temos plantas con tratamentos biolóxicos en serie, ou con tecnoloxías brandas con biodiscos ou leitos bacterianos.

No campo de tratamento de lodos, fomos evolucionando co avance de diversas tecnoloxías e nas nosas plantas usamos diversas formas de espesamento (gravidade, flotación, centrifugación), dixestión aerobia con aire ou con osíxeno, dixestión anaerobia, deshidratación por filtros banda, centrífugas, filtros prensa, secado térmico ou incineración.

A nosa experiencia neste campo está avalada por máis de cen plantas en operación que tratan desde 420.000 m3/d E.D.A.R Baix Llobregat -Barcelona) 410.000 m3/d(E.D.A.R. Sur, Madrid), 285.000 m3/d (La China, Madrid), 185.000 m3/d (E.D.A.R. Pinedo, Valencia), ata pequenas plantas de tipo rural con tecnoloxías brandas.